Paperback, 81 pages
galego language
Published by Libraría Couceiro e Festival Atlántica.
Paperback, 81 pages
galego language
Published by Libraría Couceiro e Festival Atlántica.
Hai anos, confinado nun castelo escocés, pregunteime por que nun país como Galicia, con tantas historias de mortos e aparecidos, apenas coñeciamos pantasmas nos nosos abundantes pazos e casas vedraias. Nese momento comezou unha fascinante aventura cultural na procura dun territorio da imaxinación ben pouco coñecido. E a historia levoume ás sombras de Compostela: ás mansións invisibles, os monstros míticos, os ocultistas decimonónicos e aos espectros que aínda sobreviven nas últimas fisgas da cidade, máis vivos do que parece.