Conan 2

No cover

Robert E. Howard: Conan 2 (Galego language, Urco)

200 pages

Galego language

Published by Urco.

ISBN:
978-84-938558-4-0
Copied ISBN!
4 stars (1 review)

Continúa a historia mítica de Conan o Bárbaro con catro das máis sonadas historias orixinais de Robert E. Howard. Levado despois á banda deseñada e máis tarde ao cinema, Conan representa o estado esencial da humanidade, salvaxe e libre, fronte aos enganos da civilización. Neste volume preséntanse catro historias deste personaxe, continuando a cronoloxía interna da obra que comezamos co primeiro volume desta colección.

Contidos:

A raíña da Costa Negra

A sombra deslizante

Nacerá unha bruxa

O diaño de ferro

2 editions

Pura aventura (pode conter trazas de racismo)

4 stars

Segundo volume da compilación cronolóxica dos relatos de Conan que Urco sacou en papel hai xa uns anos e que agora colgaron de balde na súa web. Coma sempre neste autor hay que afrontar a obra sabendo que vas ler unha e outra vez a Howard teimar sobre as razas, a pureza das razas, as razas superiores e inferiores, etc. Ademais, lido con ollos desde século un non pode evitar atopar nestes relatos mostras dun proto-incelismo no que as mulleres nada máis coñecer a Conan saben identificalo como un alfa e caen namoradas del no mesmo intre no que o ven. Pero unha vez deixas de lado eses problemas Conan é puro pulp, pura diversión e aventura. Neste volume temos dous dos que posíbelmente sexan os relatos más coñecidos da personaxe: A raíña da Costa Negra e Nacerá unha bruxa. Ademais prestoume moito A sombra deslizante onde a influencia do …