User Profile

ghose 📚

ghose@bookrastinating.com

Joined 2 years ago

son ghose, aka @ghose

BookWyrm's UI and Doc translator (gl).

Keyoxide🔑

This link opens in a pop-up window

ghose 📚's books

Currently Reading

2024 Reading Goal

50% complete! ghose 📚 has read 6 of 12 books.

avatar for ghose ghose 📚 boosted

commented on Good to Go by Christie Aschwanden

Christie Aschwanden: Good to Go (Hardcover, 2019, W. W. Norton & Company) 5 stars

When I read something like:

"As far as the body is concerned, stress is stress—it doesn't matter if it comes from a session of intervals or from the emotional strain of a romantic breakup, says John Kiely, an Irish sports scientist and performance coach who's worked with world- class athletes in numerous sports, including rugby and track"

it remainds me "calorie is a calorie wherever it comes from". My ass (excuse me). So "stress is stress"? I'm not sure. I can cope far better with phisical stress than with mental stress

avatar for ghose ghose 📚 boosted

commented on Good to Go by Christie Aschwanden

Christie Aschwanden: Good to Go (Hardcover, 2019, W. W. Norton & Company) 5 stars

por agora todo é "non hai evidencia científica que soporte que Xxxx mellora a recuperación", sendo Xxxx todas esas cousas que nos venden (literalmente). Nin meterlle proteínas ou comer xusto despois de adestrar (a non ser que vaias repetir en poucas horas); nin o frío/xeo; beber _gatorades tampouco; ... TODO MAL.

Nada, algo haberá, digo eu. A ver se vai resultar que tirarse no sofá patas parriba un par de horas é o que mellor nos recupera XD Espero non estar facendo spoiler

Antia Yañez Rodriguez: Senlleiras (Paperback, Editorial Galaxia, S.A.) 4 stars

PREMIO DE NARRATIVA ILLA NOVA 2018

A novela das mulleres que rachan co silencio. Unha …

"novela-denuncia" dunha causa xusta (respeto polas mulleres)

4 stars

Eu: aquí, pensando.

(...)

Non son quen de sintetizar en dous párrafos o que denuncia esta novela: a discriminación das mulleres en todos os eidos polo feito de selo. A novela por o foco na violencia física e psicolóxica que algúns (demasiados) maridos exercen sobre as súas(!) mulleres.

Not all men!! (escoito)

Pois claro que non. Falamos dos roles asignados polo sistema establecido. Noutras sociedades son (foron, serán) diferentes, e o relevante é que os sistemas e as relacións sociais poden cambiarse de xeito consciente. Non é designio divino(!), nin tampouco a Selección Natural (forza motora da evolución), que de todo se escoita.

Tamén hai mulleres malas!!! (escoito)

Pois claro. O tema é parecido (en termos de xeneralización) ao listos/tontos/ignorantes/palurdos/traballadores/you-name-it que son outros pobos. Os centroeuropeos son moi traballadores e moi produtivos!! (escoito). Aquí se vive mejor!!. My ass.

Xa estou a misturar auga con aceite. …

Antia Yañez Rodriguez: Senlleiras (Paperback, Editorial Galaxia, S.A.) 4 stars

PREMIO DE NARRATIVA ILLA NOVA 2018

A novela das mulleres que rachan co silencio. Unha …

por agora está ben, entretén mentras presenta as (por agora) dúas liñas temporais.

Está correctamente escrito. Sabes o que quero dicir? Non é unha marabilla, non é esa sensación das frases escritas no lugar e coas palabras perfectas. Non é esa sensación ao ler ao Gª Márquez de turno (tampouco esperaba iso), pero está dous chanzos por enriba da autoedicións do amazon. Quero dicir con isto que vou seguir lendo, aínda que xa temo por onde vai ir a historia. "Temo" porque un pouquiño de misterio e intriga sempre ven ben, que igual meto a zoca e non sae por onde supoño.

Sechu Sende: Made in Galiza (Galego language, 2007, Editorial Galaxia) 3 stars

Logo de Orixe, a súa primeira novela e Premio Blanco Amor 2003, Séchu Sende volve …

por veces é triste

3 stars

A sensación aquela de mirarse ao espello e ver algo que nos caracteriza, incluso nos define, asumila con naturalidade, pero hai quen te mira e parécelle unha eiva, mais para ti é simplemente parte de quen es, sen maior importancia. Sabes que non es mellor ou máis importante que outras, só es ti.

Emporiso, se veñen a darche a turra con A ver cando arranxas iso, ou Tes que ir ao médico a que cho vexa, ou peor aínda... non tes dereitos fundamentais garantidos ou sofres discriminación social (nas relacións persoais, laborais, coa administración pública,...) debido a esa característica túa, entón complícase a cousa e comezas a mirarte ao espello doutro xeito, a pensar en como arranxar o "problema", a tapalo, a que non se vexa.

O libro son relatos curtos, moi breves algúns, case fragmentos de escenas, onde se intenta pór en valor a lingua que …